lunes, 23 de noviembre de 2009

Unha moza de Ordes de 16 anos está desaparecida desde o pasado venres



A familia de Eva Calvo Belo, unha moza de 16 anos da parroquia ordense de Leira, non sabe nada dela desde o pasado venres ás 14 horas. A moza saíu da súa casa ás sete e media da mañá dese día para coller o autobús cara a Santiago, onde estuda nunha academia de barbería. Levaba posta unha cazadora de cor vermella e pantalóns vaqueiros.
A mañá transcorreu con total normalidade e, cara ás 14 horas, cando habitualmente regresa en autobús a Ordes, Eva Calvo chamou á súa nai para dicirlle que chegara tarde á parada e o autobús xa saíra, polo que tiña pensado subirse no seguinte, que sae da capital galega cara ás 16 horas. Pero non regresou a casa. Foi entón cando a súa familia intentou en varias ocasións porse en contacto con ela a través dos dous número de teléfono móbil que ten a moza, pero permanecen apagados ou fóra de cobertura desde o día da súa desaparición.
O seu pai, José Calvo Santos, explica que tras darse conta de que a súa filla non regresara a casa tal e como dixera, denunciou os feitos ante a Garda Civil, que ao parecer iniciou unha investigación para esclarecer que pasou. «Non pódese facer máis», lamentábase onte o seu pai, quen tamén apuntou que nun primeiro momento barallouse que era «unha canallada de rapaces».

No hay comentarios:

Publicar un comentario